• Tecnoloxía para mellorar a vida das persoas

    Unha das características da tecnoloxía de DIVERSA é a súa alta versatilidade, de aí que teña interese no desenvolvemento de solucións terapéuticas para enfermidades raras, moitas delas pediátricas, que precisan ser abordadas de forma urxente.

    Ler máis

  • Intelixencia artificial e minería de procesos: unha alianza moi produtiva

    Nacida no seo do Centro de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela, esta compañía que hoxe emprega a 14 persoas xa axudou a mellorar os seus procesos a administracións públicas, hospitais e empresas industriais, de loxística, telecomunicacións, banca…

    Ler máis

  • Granxas intelixentes para mellorar a vida das vacas e de quen as coida

    «A innovación é a base para facer máis levadío o duro traballo da gandería».

    Cando Elmega naceu hai case 50 anos, o sector lácteo en Galicia parecíase pouco ao que é hoxe. E parte da súa transformación débella a esta fabricante de solucións tecnolóxicas a medida, que ensaia a innovación da man dos propios gandeiros e gandeiras. Entre outros produtos, a empresa deseña cortes automatizadas e un arrefriador de leite que é un éxito de vendas en Europa e América do Norte.

    Ler máis

  • Tecnoloxía punteira para unha louseira sustentable e de calidade artesanal

    «A innovación dáche as ferramentas para fidelizar clientes».

    Samaca é un caso excepcional no sector da lousa. Mantén o 100 % do capital galego e leva máis de 50 anos combinando o traballo artesanal coa innovación tecnolóxica para ofrecer un produto de calidade. Referente desde as orixes na aposta pola sustentabilidade, o grupo entra agora na eficiencia enerxética cun novo sistema que leva a lousa tamén ás fachadas.

    Ler máis

  • Estes zapatos made in Galicia están feitos para moito máis que camiñar

    «Poñer produtos innovadores no mercado evita pelexar só polo baixo custo».

    Os zapatos de Codeor están pensados para os traballadores que saben que a saúde tamén está nos pés. E sen renunciar á estética máis moderna. O fabricante ourensán conquistou o mercado do calzado profesional grazas á calidade que consegue coa busca continua de novos materiais e deseños ergonómicos e cun sistema de confección con tecnoloxía avanzada.

    Ler máis